"5 de Xullo

25.07.2019 18:48

 

Soidades.

Teño o tempo nos meus ollos,
e os verdes dentro da alma,
dunha terra que lonxana,
faime dor nos meus xeonllos.

As bágoas son choiva lenta
que percorren meu camiño,
pouco pan e pouco viño,
estando tan lonxe dela.

¡Galiza dos meus amores!
e das dores sosegadas,
esas que deixan a alma,
no recuncho das soidades.

Lonxe de ti, preto o mar,
sento as ondas cantar.
e o ruboroso chorar,
dos abres dese meu lar.

La imagen puede contener: una o varias personas y primer plano